Se chegaches ata aquí é porque algo do que facemos che encaixa. Ou porque che gusta cotillear, que tamén pode ser. Este apartado da web é un pouco informal, porque está reservado para quenes nos coñecen ou nos queren coñecer. É dicir, estamos no mesmo bando e non precisamos formalidades.

Podes contactarnos a través do Whatsapp, do correo, darnos un toque ou enviarnos unha postal. Nós intentaremos responder o máis cedo posible pola mesma canle! 

Precisas algo de nós?

Cóntanos que tes entre mans, en que punto estás e ata onde queres chegar. Algo poderemos facer!  Comunicación, estratexia, audiovisual, eventos ou acompañamento creativo e emocional (que ás veces fai boa falla). Non ofrecemos paquetes pechados nin solucións copiadas. Escoitamos, analizamos e propoñemos o que ten sentido para cada caso.

Queres coñecernos e sumar forzas?

KTORCE somos un simple grupo de xente que fai cousas. E sempre fan falla mans. Así que non dubides en escribirnos para coñecernos. Quizais acabemos facendo match!

Newsletter

Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU

Copyright 2025 Ktorce | Todos los derechos reservados | Política de privacidade | Aviso legal | Accesibilidade