Por que participar en A Media do Camiño?

Máis que unha carreira, A Media do Camiño é unha oportunidade para descubrir o Camiño de Santiago desde outra perspectiva. Un percorrido que une deporte, natureza e patrimonio, atravesando a comarca por camiños, pistas e paisaxes que forman parte da historia deste itinerario xacobeo.

Sexa na media maratón, na 11K ou na andaina, vivirás unha experiencia pensada para gozar do territorio, cunha organización coidada e un ambiente que vai máis alá da competición.

Un percorrido con historia

O trazado discorre polo Camiño de Santiago – Vía da Prata, un dos itinerarios xacobeos con máis historia da Península. Ao longo do percorrido atravesarás camiños tradicionais, pequenas aldeas e espazos naturais que acompañan desde hai séculos a milleiros de peregrinos na súa viaxe ata Santiago.

A Media do Camiño convida a descubrir este patrimonio en movemento a través dun percorrido no que deporte e territorio avanzan da man.

Os percorridos

Os percorridos de 21 km e 11 km discorren por un trazado sinxelo, combinando pistas de terra e tramos asfaltados ao longo dunha parte do Camiño de Santiago Vía da Prata. O percorrido de 11 km acumula só 70 metros de desnivel positivo, mentres que a media maratón suma 140 metros, ofrecendo dous itinerarios rápidos nos que a distancia será o verdadeiro desafío.

Tres concellos, tres experiencias, unha mesma fin de semana

A Media do Camiño vai máis alá da carreira. Ao longo da fin de semana, o evento combina deporte, cultura e reflexión cun programa pensado para poñer en valor a comarca e o Camiño de Santiago desde diferentes perspectivas.

A programación inclúe un foro sobre turismo activo, unha foliada aberta para desfrutar da música tradicional e da convivencia, e como peche, a Media Maratón, o 10K e a Andaina, tres modalidades para vivir o Camiño ao ritmo que elixa cada participante.

Unha proposta que convida non só a correr ou camiñar, senón tamén a coñecer o territorio e formar parte dunha experiencia compartida. Tres días, tres concellos e tres formas diferentes de vivir a comarca de Monterrei.

Preguntas frecuentes

Que contén a bolsa do corredor?

Bla bla nla nlbla

Onde recollo o dorsal?

Poderás recoller o teu dorsal:

  • Sábado, 24 de outubro, de 17:30 a 20:30 h, en Castrelo do Val (localización por confirmar).
  • Domingo, 25 de outubro, desde as 08:30 h, na Praza da Picota (Laza) e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.      
Hai roupeiro?

Si. Haberá un servizo gratuíto de roupeiro na Praza da Picota, xunto á zona de saída e meta.

Hai duchas e vestiarios?

Si. Os participantes poderán utilizar as duchas e vestiarios habilitados no Pavillón Municipal de Laza.

Hai tempo máximo para completar a proba?

Si. O tempo máximo para completar as probas de carreira será de 3 horas para a proba de 21 Km e de 2h para a proba de 11 Km desde a saída oficial.

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU

Copyright 2025 Ktorce | Todos los derechos reservados | Política de privacidade | Aviso legal | Accesibilidade