
Unha boa estratexia comeza por escoitar. Creamos estratexias que poñen en valor quen es e cara a onde vas. Definimos obxectivos, estruturamos mensaxes e escollemos canles con criterio. Comunicación pensada, planificada e executada con propósito.

As boas comunidades dixitais non nacen por casualidade. E non, non é só publicar, é saber como publicar. Xestionamos redes sociais con estratexia, creatividade e constancia. Coidamos o ton, a narrativa e o ritmo para que cada perfil se converta nun lugar vivo, activo e recoñecible. Creamos contido que fala co teu público, non só para el. Porque non chega con estar: hai que conectar.

Non facemos notas de prensa. Falamos coa prensa sobre o teu proxecto, que non é o mesmo. Porque a túa historia merece ser contada, pero hai que saber a quen, cando e como.
Coidamos a relación cos medios e acompañamos cada paso do teu relato público. Tanto se tes un negocio, un proxecto cultural, un evento deportivo ou unha institución ao completo, podes ter o teu oco na prensa.

Hai ideas que necesitan rumbo, estrutura e impulso. Nese punto é onde entramos nós. En KTORCE acompañamos proxectos culturais, sociais, deportivos ou empresariais dende a primeira intuición ata a súa posta en escena. Organizamos, producimos e seguimos cada fase co detalle que require algo importante.

Transformamos necesidades en experiencias. Organizamos actos únicos que comunican, emocionan e representan o mellor da túa entidade. Eventos que falan de ti sen palabras de máis. Coidamos protocolo, produción e contido para que a túa mensaxe chegue de forma clara, memorable e profesional.

Comunicación e produción
Fai cousas. Gústalle a xestión cultural.
É gaiteiro e fai crossfit. É mellor gaiteiro que crossfiteiro.
Bebe tostada 0,0. É desas persoas.

Eventos e protocolo
Pódeslle pedir elefantes blancos voando. Consígueos.
Dixitaliza o que lle cae na man. Toca e baila tradi. Ou intentao.
Bebe xastré no entroido e auga con gas o resto do ano.

Produción creativa
Creativo multitarefa de fondo calmo.
Fascínalle o mar, a música que fai viaxar e as boas ideas.
Fala cando ten algo que dicir.
Bebe 1906.

Enxeñeiro
É enxeñeiro. Enganámolo e agora colabora con nós.
Durme 12 horas ó día. Gústalle o crossfit e a bici.
Bebe auga. A secas. É así de aburrido.

Creador de contido
Fai que as ideas parezan doadas. Pero logo bota horas editando.
Pasa o día con música nos auriculares e coa cámara na man.
Gústalle a cervexa. Pero só a Estrella Galicia.
Inauguración de Dentalnova | Organizada por Ktorce
A Revolta Irmandiña | Organizada por Ktorce
Somos ktorce
Un laboratorio creativo con sede en Verín. Mesturamos comunicación, eventos, cultura, audiovisual e asesoría estratéxica para transformar ideas en acción. Nacemos do FIC Vía XIV e traballamos con paixón, talento colectivo e enfoque cooperativo para impulsar proxectos con impacto.


Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU
Copyright 2025 Ktorce | Todos los derechos reservados | Política de privacidade | Aviso legal | Accesibilidade