PROXECTOS
Que andamos a facer en KTORCE?
Traballamos con proxectos moi distintos entre si. Algúns están comezando, outros levan anos rodando; hai quen ten un equipo grande detrás e quen fai malabares cun par de persoas e moita intuición.
O común? Ganas de facer as cousas ben e de tomarse a comunicación en serio, pero sen solemnidade.
Aquí abaixo ves algúns dos proxectos cos que colaboramos, en procesos longos ou en momentos moi concretos. Relacións baseadas en falar claro, traballar con cabeza e adaptarnos ao que cada proxecto precisa en cada fase.























