CONTACTO
Tes algo que contarnos?
Se chegaches ata aquí é porque algo do que facemos che encaixa. Ou porque che gusta cotillear, que tamén pode ser. Este apartado da web é un pouco informal, porque está reservado para quenes nos coñecen ou nos queren coñecer. É dicir, estamos no mesmo bando e non precisamos formalidades.
Podes contactarnos a través do Whatsapp, do correo, darnos un toque ou enviarnos unha postal. Nós intentaremos responder o máis cedo posible pola mesma canle!
Precisas algo de nós?
Cóntanos que tes entre mans, en que punto estás e ata onde queres chegar. Algo poderemos facer! Comunicación, estratexia, audiovisual, eventos ou acompañamento creativo e emocional (que ás veces fai boa falla). Non ofrecemos paquetes pechados nin solucións copiadas. Escoitamos, analizamos e propoñemos o que ten sentido para cada caso.
Queres coñecernos e sumar forzas?
KTORCE somos un simple grupo de xente que fai cousas. E sempre fan falla mans. Así que non dubides en escribirnos para coñecernos. Quizais acabemos facendo match!





