Dende KTORCE formamos parte activa deste proxecto a través da organización da Revolta Irmandiña, consolidando así unha liña de traballo que aposta polo deporte como ferramenta de conexión territorial, dinamización económica e cooperación entre Galicia e Portugal.
Un circuíto OCR que conecta Verín–Monterrei e Chaves
O Circuito da Agua nace da colaboración directa entre os equipos organizadores das dúas carreiras, coa vontade de reforzar os vínculos deportivos na Raia e entender este territorio como un espazo compartido. A elección da Eurocidade Chaves–Verín para a presentación non foi casual: falamos dun enclave simbólico da cooperación transfronteiriza e dunha contorna marcada pola identidade termal e pola cultura da auga.
A competición estrutúrase en tres categorías:
- Elite
- Starter / Competitive
- Popular / Fun
Este formato permite que tanto atletas de alto nivel como persoas que se inician nas carreiras de obstáculos poidan formar parte dun mesmo marco competitivo, sumando puntos nunha clasificación xeral conxunta.
Como funciona o Circuito da Agua 2026
A participación no circuíto será gratuíta como competición adicional. Cada deportista deberá inscribirse individualmente en A Revolta Irmandiña e na Flavius Challenge a través das plataformas oficiais de cada evento, indicando no formulario a súa participación no circuíto.
Para optar á clasificación xeral será necesario:
- Competir na mesma categoría nas dúas probas
- Completar ambas carreiras
- Sumar os puntos obtidos segundo o sistema progresivo por posición
O modelo premia tanto o rendemento deportivo como a constancia, configurando un formato recoñecible dentro do ámbito OCR.
Deporte, patrimonio e turismo activo na Eurocidade da Água
O Circuito da Agua non é só unha proposta deportiva. É tamén unha oportunidade para poñer en valor o patrimonio natural e cultural da contorna.
Os percorridos atravesarán espazos emblemáticos como o Castelo de Monterrei, tramos do Camiño de Santiago, a ciclovía das marxes do Támega ou a Ponte Romana de Chaves, ademais de zonas vencelladas á Denominación de Orixe Monterrei.
Nun territorio marcado polas augas mineromedicinais, polos parques de Cabreiroá ou Vidago e por unha tradición histórica ligada ao termalismo, o deporte intégrase nun ecosistema asociado ao benestar, á natureza e aos estilos de vida saudables.

Impacto económico e cooperación real na Raia
O proxecto nace cunha clara vocación de continuidade e cun enfoque práctico: xerar impacto económico no tecido empresarial vinculado á hostalaría, restauración e servizos locais. A mobilidade entre Verín–Monterrei e Chaves durante as dúas probas reforzará o posicionamento da Eurocidade como destino de turismo activo e natureza.
Para nós, como equipo promotor da Revolta Irmandiña, este paso supón consolidar un modelo de traballo baseado na colaboración entre organizacións deportivas, administracións públicas e empresas privadas. A foto da presentación representa precisamente iso: institucións e proxectos remando na mesma dirección para potenciar o deporte de base e conectalo co territorio.
O pasado 2 de marzo presentamos oficialmente o Circuito da Agua 2026 na sede da Eurocidade Chaves–Verín, unha nova competición deportiva transfronteiriza de carreiras de obstáculos (OCR) en Galicia e Portugal que unirá dúas probas da contorna: A Revolta Irmandiña, o 14 de xuño en Verín–Monterrei, e a Flavius Challenge, o 15 de novembro en Chaves.