



Descubre a comarca de Monterrei
A Revolta Irmandiña lévate a descubrir unha comarca marcada pola historia, o viño e a paisaxe. Entre o Castelo de Monterrei, o río Támega e camiños cargados de memoria, a proba convértese nunha forma diferente de coñecer o territorio, a súa identidade e o seu patrimonio natural e cultural.
Un evento para todos os niveis
A Revolta Irmandiña conta con dous circuítos (8,5 km e 5 km) e tres modalidades pensadas para adaptarse a distintos perfís. Dende a Elite, orientada á competición, pasando pola Starter, para aqueles que buscan un pequeno desafío, ata a Popular, para os que veñen a botar unhas risas e desfrutar do deporte. Aberta a todos os públicos, a proba permite participar tanto a persoas con experiencia como a quen busca vivir a súa primeira carreira de obstáculos.
Comparte a experiencia
Na liña de saída xúntanse persoas cun mesmo obxectivo: superar o reto e desfrutar do camiño. A Revolta Irmandiña aposta polo compañeirismo e o ambiente participativo, facendo da carreira un punto de encontro entre deporte, cultura e territorio.
Este pack está deseñado para vivir a Revolta Irmandiña como unha experiencia completa de fin de semana. Inclúe unha selección de actividades que permiten coñecer a comarca de Verín-Monterrei a través da súa gastronomía, o viño e o patrimonio, combinando deporte, cultura e territorio nunha proposta pensada para desfrutar en compañía.
O pack ofrécese en dúas modalidades: pack individual e pack dobre, pensado para dúas persoas. A continuación detállanse as actividades incluídas en cada pack.

Aloxamento en habitación individual ou dobre o día previo ao evento.

Un momento para saborear a tradición, compartir conversas e abrir o apetito.

Un percorrido polos sabores máis representativos da gastronomía local, elaborado con produto de proximidade.

Descubre a historia, o patrimonio e as paisaxes máis emblemáticas da comarca de Monterrei.

Degustación guiada de viños da Denominación de Orixe Monterrei, coñecendo as súas variedades e matices.

Comeza o día do evento cun almorzo completo.

Un xantar tradicional para compartir mesa, ambiente e gastronomía típica da zona.

Desprazamentos incluídos para gozar das actividades sen preocupacións.
A Revolta Irmandiña forma parte de diferentes ligas e circuítos que conectan a proba con outros eventos de referencia no territorio, reforzando a colaboración entre organizacións e poñendo en valor o deporte como ferramenta de unión entre comarcas. A continuación preséntanse as ligas nas que participa a Revolta Irmandiña, cada unha cunha identidade propia e un enfoque compartido no impulso das carreiras de obstáculos.


Un circuíto de dúas OCRs que invita a cruzar a fronteira


Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU
Copyright 2025 Ktorce | Todos los derechos reservados | Política de privacidade | Aviso legal | Accesibilidade